Nội dung text EXEMPLO POE 1.pdf
POE curso .../... Departamento de orientación Plan de Orientación Educativa. Curso 2.../... Centro: IES ... 1
POE curso .../... Departamento de orientación 2 1. INTRODUCCIÓN........................................................................................2 2. XUSTIFICACIÓN DO PLAN.......................................................................3 2.1. Marco legal...........................................................................................3 2.2. Zona.....................................................................................................5 2.3. Centro..................................................................................................5 2.4. Alumnado.............................................................................................9 3. OBXECTIVOS XERAIS............................................................................10 4. PLANIFICACIÓN XERAL: CONTIDOS-ACTIVIDADES...........................11 4.1.Apoio ós procesos de Ensino-Aprendizaxe.........................................9 4.1.1. Obxectivos-Actuacións-Responsables-Temporalización Liñas prioritarias de actuación....................................................11 4.1.2. Programas de intervención:...................................................16 -PROGRAMA DE APOIO Ó PROCESO DE E-APRENDIZAXE. -PROGRAMA DE ATENCIÓN Ó ALUMNADO ESTRANXEIRO 4.2.Apoio ó Plan de Acción Titorial..........................................................28 4.2.1. Obxectivos-Actuacións-Responsables-Temporalización Liñas prioritarias de actuación...................................................28 4.2.2. Programas de intervención..................................................32 -PROGRAMA DE TÉCNICAS DE TRABALLO INTELECTUAL. -PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A PAZ E CONVIVENCIA -PROGRAMA DE CONSTRUCCIÓN AUTOCONCEPTO. 4.3.Apoio ó Plan de Orientación Académica e Profesional....................48 4.3.1. Obxectivos-Actuacións-Responsables-Temporalización Liñas prioritarias de actuación....................................................48 4.3.2. Programas de intervención..................................................52 -PROGRAMA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL 5. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS.........................................................57 6. RECURSOS (Materiais, humáns e organizativos)................................57 7. AVALIACIÓN.........................................................................................58 8. ANEXOS................................................................................................61
POE curso .../... Departamento de orientación 1.INTRODUCIÓN. A educación deu nas últimas décadas un importante xiro, en consonancia coas novas realidades sociais: aumento das desigualdades, movementos migratorios, evolución do coñecemento, modificacións constantes no mercado laboral, crise de valores (Habermas: 1989)...; que impulsaron un novo modelo de escola. Esta actualmente entende que a educación non se esgota na simple instrucción, senón que abarca o desenvolvemento global da persoa. Para isto, resulta ineludible que os profesionais da educación guíen, asistan e orienten1 ós alumnos (MEC: 1992) e ás súas familias. Esta guía e orientación vai ser entendida como un “(...) proceso sistemático de ayuda a la persona en su desarrollo personal, académico, profesional y social, siguiendo tres principios fundamentales: prevención, desarrollo e intervención social” (Bisquerra: 2000). Así pois, destacamos catro ámbitos de acción orientadora (MEC:1992) : 2 • Orientación nos procesos de Ensino-Aprendizaxe (Atención á diversidade, Ensinar a pensar...). • Ensinar a convivir e a comportarse. • Ensinar a ser persoa. • Ensinar a tomar decisións: orientación para o desenvolvemento da carreira. A atención á diversidade na actualidade: A atención á diversidade enténdese como as respostas que o sistema eduvo. da ás necesidades dos alumnos/as para que poidan acadar os obxectivos das distintas etapas, en especial, do ensino obrigatorio. As necesidades do A negrita é miña. 1 MEC: 1992; Cajas rojas: Orientación y tutoría en primaria y secundaria. 2 3
POE curso .../... Departamento de orientación alumnado poden ser ordinarias ou específicas, entendendo por estas últimas según a LOE (art. 71; 2.) aquelas que requiren uns recursos e atención educativa distinta á ordinaria debido a necesidades educativas especiais– discapacidade ou trastornos da conducta-, dificultades específicas de aprendizaxe, altas capacidades, por incorporación tardía ó sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar. Na actualidade existen unha gran variedade de medidas de atención á diversidade, que a Circular 9/1999 clasifica en medidas curriculares e organizativas. Estas van de menor a maior significatividade según as necesidades do alumno/a. No obstante, a atención ó alumnado con necesidade específica de apoio educativo rexirase sempre polos principios de normalización e inclusión. 2.XUSTIFICACIÓN DO PLAN. O presente Plan de apoio estructurase segundo o establecido no Art. 15 da 3 Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional en Galicia. Asemade, co obxectivo de definir os límites da legalidade nas actuacións do departamento, este Plan basease na normativa vixente, facendo especial fincapé na seguinte: ▪ Decreto 120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional en Galicia. ▪ Decreto 324/1996, que establece o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria. Así como, a Orde do 1 de agosto de 1997, que desenvolve o antedito decreto. Este artigo establece a elaboración e estructura do plan de orientación e da súa memoria. 3 4 2.1. MARCO LEGAL: