Nội dung text Legislación 8 - Formacion profesorado.pdf
Audición e Linguaxe Páxina 1 Formación do profesorado DECRETO 74/2011, regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na LOE Definición Formación permanente é o conxunto de actividades que forman na evolución das ciencias e das didácticas específicas, así como na coordinación, orientación, titoría, atención á diversidade e organización para mellorar a calidade do ensino e o funcionamento dos centros. Así mesmo, deberán incluír o uso das TIC, a formación en linguas estranxeiras así como a igualdade de xénero nos termos establecidos na Lei 7/2004. Concíbese como un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade da administración educativa e dos propios centros. Plans Plan estratéxico: define os obxectivos que hai que conseguir ao remate de 4 anos Plans anuais de formación do profesorado: desenvolven os obxectivos anuais a través de medidas e accións concretas. Estrutura a) Servizo de Formación do Profesorado: dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Encárgase de elaborar e difundir o plan estratéxico de formación. b) O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI): encargado de analizar as necesidades de formación do profesorado e deseñar os plans anuais de formación. c) Os centros de formación e recursos (CFR): son as unidades encargadas da execución das accións formativas previstas nos plans anuais de formación. Responsabilízanse da xestión da formación permanente do profesorado no seu ámbito de actuación e prestan un servizo de apoio ao profesorado. Derroga Decreto 99/2006.
Audición e Linguaxe Páxina 2 Formación en centros MODALIDADE 1 GRUPOS DE TRABALLO Constitución O grupo de traballo estará constituído por un mínimo de 3 membros e un máximo de 10, pertencentes ao mesmo ou a distintos centros educativos, incluíndo neste cómputo a persoa responsable da coordinación do grupo. Docencia Os grupos de traballo poderán contar cun número de horas de docencia que non excederá o 20% das horas totais do proxecto. Esta docencia será coordinada pola persoa asesora de formación correspondente. A participación nun grupo de traballo exclúe a participación nas convocatorias que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estableza como incompatibles coa de grupos de traballo. Sede A sede do grupo de traballo será, con carácter xeral, o centro educativo da persoa coordinadora e pertencerá ao ámbito do CAFI/CFR. Duración A duración do grupo de traballo será dun mínimo de 20 horas e un máximo de 50 durante o curso académico. As sesións de docencia ou traballo do grupo de traballo terán unha duración mínima de dúas horas e máxima de catro. O 30% do total das horas poderán computarse como tempo de traballo individual e a asignación deste deberá constar nas actas das sesións de desenvolvemento. Este tempo de traballo individual non contemplará o tempo de aplicación e/ou experimentación en horas lectivas Orzamento O proxecto poderá contar cun orzamento para o seu desenvolvemento Preinscripción O profesorado interesado deberá facer a súa preinscrición a través da aplicación informática ata o 10 de outubro. Coordinación A persoa coordinadora do grupo de traballo fará a solicitude de participación e o proxecto a través de Fprofe (31 de outubro) A persoa coordinadora do grupo de traballo cubrirá a memoria final, ao remate do proceso, na aplicación Fprofe. O grupo deberá achegar un produto final que evidencie as competencias profesionais adquiridas e a súa posta en práctica na aula e/ou no centro. A data límite de entrega desta documentación no CAFI/CFR correspondente será o 31 de maio. Certificación A dirección do correspondente CAFI/CFR expediralles aos membros do grupo de traballo a certificación acreditativa da coordinación ou da participación nel, acordada pola comisión de selección, unha vez presentada e avaliada positivamente a memoria final.
Audición e Linguaxe Páxina 3 MODALIDADE 2 SEMINARIOS PERMANENTES Constitución O seminario estará constituído por un mínimo de 8 membros e un máximo de 20, pertencentes ao mesmo ou a distintos centros educativos, incluíndo neste cómputo a persoa responsable da coordinación do grupo. Docencia Os seminarios poderán contar cun número de horas de docencia que non excederá o 30% das horas totais do proxecto. Esta docencia será coordinada pola persoa asesora de formación correspondente. A participación nun seminario exclúea participación nas convocatorias que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estableza como incompatibles coa de seminarios. Sede A sede do seminario será, con carácter xeral, o centro educativo da persoa coordinadora e pertencerá ao ámbito do CAFI/CFR. Duración A duración do seminario será dun mínimo de 20 horas e un máximo de 50 durante o curso académico. As sesións de docencia ou traballo do grupo terán unha duración mínima de dúas horas e máxima de catro horas O 20% do total das horas poderán computarse como tempo de traballo individual e a asignación deste deberá constar nas actas das sesións de desenvolvemento. Este tempo de traballo individual non contemplará o tempo de aplicación e/ou experimentación en horas lectivas. Orzamento O proxecto poderá contar cun orzamento para o seu desenvolvemento Preinscripción O profesorado interesado deberá facer a súa preinscrición a través da aplicación informática Fprofe ata o 10 de outubro. Coordinación A persoa coordinadora do seminario fará a solicitude de participación e o correspondente proxecto a través de Fprofe (31 de outubro) A persoa coordinadora do seminario cubrirá a memoria final, ao remate do proceso, na aplicación Fprofe. A data límite de entrega desta documentación no CAFI/CFR correspondente será o 31 de maio. Certificación A dirección do correspondente CAFI/CFR expediralles aos membros dos seminarios a certificación acreditativa da coordinación ou da participación nel, acordada pola comisión de selección, unha vez presentada e avaliada positivamente a memoria final.
Audición e Linguaxe Páxina 4 Resumo dos plans de formación permanente do profesorado Destinatarios Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Obxectivo Actualización e perfeccionamento das competencias profesionais docentes para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares do alumnado. Liñas de traballo Desenvolverán algunha/s das seguintes liñas de traballo, asociadas a distintas competencias profesionais docentes, tendo as dúas primeiras liñas carácter prioritario: a) Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en Rede a través de espazos virtuais. Educación dixital. b) Deseño e desenvolvemento curricular no marco do modelo competencial. c) Planificación estratéxica das linguas no centro. Proxecto Lingüístico de Centro (PLC). Tratamento Integrado das Linguas (TIL). d) Escola inclusiva e atención á diversidade. e) Convivencia escolar e clima da aula. Centros saludables. Relacións coas familias. f) Actualización científica e didáctica do profesorado. Observación inter-pares e inter-centros g) Mellora da xestión dos centros. h) Programas europeos e internacionais: acción e plans de promoción e desenvolvemento. i) Biblioteca escolar. j) Iniciativas formativas no ámbito STEM. k) Orientación vocacional e profesional. Itinerarios Cada liña de traballo desenvolverase a través dun ou máis itinerarios formativos, que constarán de varias actividades. Actividades As actividades de cada itinerario (curso, GT, seminario) deberán estar integradas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados. Os cursos deberán estar vinculados a un GT ou seminario. No caso excepcional de contar cunha soa actividade esta ten que ser GT ou seminario. Módulo de convivencia, inclusión e igualdade Todos os plans incluirán un módulo de formación específica en convivencia, inclusión e igualdade, para o cal contarán co apoio, asesoramento e acompañamento das persoas asesoras da Rede de formación permanente do profesorado. Duración Mínimo 2 cursos escolares, máximo 4.