PDF Google Drive Downloader v1.1


Report a problem

Content text O PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA PROA +.pdf

Lexislación Educativa – Xuño Páxina 1 O plan de mellora dos centros Un exemplo de concreción deste: centros PROA + Os centros que se adscribiron ao Plan PROA + tiñan a abriga de incorporar un plan de mellora revisable periodicamente. Marco normativo LOMLOE_ Artigo 121. Proxecto educativo O proxecto educativo incorporará un plan de mellora, que se revisará periodicamente, no que, a partir da análise dos diferentes procesos de avaliación do alumnado e do propio centro, se plantexen as estratexias e actuacións educativas necesarias para mellorar os resultados educativos e os procedementos de coordinación e de relación con familias e contorna. Resolución do 12 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos - Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (CCEFPU) , para o curso 2023/24. A iniciativa de Contratos-programa Inclúe 2023/24 constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos ODS do 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa. Resolución do 22 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-Programa Innova (CPInnova) para fomentar a innovación educativa nos centros docentes públicos dependentes da CCEFPU para o curso 2023/24. A iniciativa de Contratos-Programa Innova (CPInnova) trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das logro da excelencia educativa, incentivar o talento do seu alumnado, promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros. Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.
Lexislación Educativa – Xuño Páxina 2 O Plan Recupera pretende reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación. Este plan constitúese como o marco para a mellora dos resultados escolares do alumnado, especialmente o máis vulnerable, e reflicte a estratexia de fomento da calidade, a equidade, a inclusión e o éxito na educación e formación. Os centros PROA + teñen o compromiso de deseño, aplicación, seguimento e avaliación dun plan estratéxico de mellora, nos cursos 2021/22, 2022/23 e 2023/24, para como cumprir cos requisitos derivados da participación neste programa Funcións dos equipos directivos: • Deben impulsar estes plans. • Deberase crear un equipo multidisciplinar dentro do claustro e, implicar a outros sectores da comunidade educativa. As funcións do equipo promotor serán xestionar e liderar pedagoxicamente o proceso de elaboración, aplicación e avaliación, e a mellora continua. FASES NO PEM (PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA) 1. DETECCIÓNDE NECESIDADES (DAFO) FONTES DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN INTERNAS Cuestionario de escola inclusiva Enquisas do equipo de Orientación coas familias e co alumnado en colaboración cos titores e titoras. Probas estandarizadas, recollida de datos ao alumnado. Programacións e memorias finais curso 2022/2023. DRD Orienta 2023/2024. (Cuestionario estatístico dos Departamentos de Orientación) EXTERNAS Probas PISA. Avaliación de diagnóstico 2. REDACCIÓN Actuacións: ACTIVIDADES PANCA Recursos Persoas responsables da redacción. Temporalización que se propón para a súa confección. Obxectivos. 3. IMPLANTACIÓN 4. AVALIACIÓN
Lexislación Educativa – Xuño Páxina 3 AS ACTIVIDADES PANCA As actividades panca traballan para conseguir os obxectivos do programa PROA+ e desenvolven as súas estratexias, que son as da LOMLOE, contextualizado no plan estratéxico de mellora do centro. Existe un catálogo de actividades definido dende o MEFPD e A Consellaría. CATÁLOGO DE ACTIVIDADES 2023-2024 LIÑA ESTRATÉXICA E1. ACTIVIDADES PARA SEGUIR E “ASEGURAR” CONDICIÓNS DE EDUCABILIDADE • AVALIACIÓN DE BARREIRAS. • FORMACIÓN DE FAMILIAS (EINF, EPRI, ESO). • FAMILIAS Á ESCOLA, ESCOLA DE FAMILIAS (EINF E EPRI). • ESTIMULACIÓN E INCLUSIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL • DINAMIZACIÓN DE ESPAZOS PARA A REDUCIÓN DA FENDA DIXITAL • CONVIVENCIAS E SAÍDAS FOSE DO CENTRO EDUCATIVO PARA TRABALLAR A COHESIÓN GRUPAL DESDE O ÁMBITO SOCIOEMOCIONAL LIÑA ESTRATÉXICA E2. ACCIÓNS PARA APOIAR AO ALUMNADO CON DIFICULTADES PARA A APRENDIZAXE. • PLAN DE ABSENTISMO (EPRI, ESO, BACH, FP) • ACOMPAÑANDO, MELLORAMOS SEMPRE: TRANSICIÓN DE ETAPAS. • TRABALLANDO MAN A MAN PARA MELLORAR: TITORÍAS INDIVIDUALIZADAS • TITORÍA ENTRE IGUAIS (EINF, EPRI, ESO) • A TRANSICIÓN ENTRE ETAPAS EDUCATIVAS: UNHA CARREIRA DE SUBSTITUCIÓNS ONDE NON DEBEMOS DEIXAR CAER A TESTEMUÑA (EPRI, ESO). • REDE DE APOIO ENTRE FAMILIAS (FAMILIAS EINF, EPRI E ESO). • A MENTORÍA ESCOLAR (EINF, EPRI E ESO). • MELLORAMOS XUNTOS NOSA COMPETENCIA DIXITAL FAMILIA, ALUMNADO E DOCENTES ( EINF E EPRI) • PLAN DE ACOLLIDA DO ALUMNADO INMIGRANTE E INTEGRACIÓN Á AULA (EPRI, ESO). • PROGRAMA DE INTEGRACIÓN DE MATERIAS PARA FAVORECER A TRANSICIÓN DE EDUCACIÓN PRIMARIA A SECUNDARIA • CENTRO PARTICIPATIVO INCLUÍDO NA CONTORNA (EINF, EPRI, ESO, BACH E FP). • CLUB INFANTIL/XUVENIL • LEMOS EN PARELLA • CRECER CON ARTE (EINF, EPRI) • ACTIVIDADES DE REFORZO PARA A MELLORA E ÉXITO EDUCATIVO PARA ALUMNADO E FAMILIAS (EPRI E ESO). • A BIBLIOTECA ESCOLAR COMO ESPAZO DE APRENDIZAXE COMPARTIDA ABERTA Á COMUNIDADE NO TEMPO LIBRE • A BIBLIOTECA ESCOLAR TITORIZADA COMO ESPAZO PARA A LECTURA E A ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL. • A BIBLIOTECA ESCOLAR DINAMIZADA E INTEGRADA NA VIDA DO CENTRO. • PLAN EDUCATIVO DE CONTORNA. TALLERES DE ESTUDO ASISTIDO E APOIO ESCOLAR DIVERSIFICADO (EPRI E ESO). • CREACIÓN DE CONTIDOS: A MAXIA DE OZ (EINF, EPRI, ESO). • TARDES DE GRUPOS INTERACTIVOS (EPRI).
Lexislación Educativa – Xuño Páxina 4 • LECXIT. LECTURA PARA O ÉXITO EDUCATIVO: MENTORÍA LECTORA • LABORATORIO BIBLIOTECARIO DE CIDADANÍA INCLUSIVA E PARTICIPATIVA. • DOCENCIA COMPARTIDA (EINF, EPRI E ESO • MODELO DE RESPOSTA Á INTERVENCIÓN (RTI) EN LECTURA (EINF E EPRI) • SITUACIÓNS DE APRENDIZAXE CON MIRADA INCLUSIVA. LIÑA ESTRATÉXICA E3. ACCIÓNS PARA DESENVOLVER AS ACTITUDES POSITIVAS NO CENTRO. • PROTOCOLO DE ACOLLIDA. • DESENVOLVEMENTO DUNHA CULTURA INCLUSIVA E COLABORATIVA DE CENTRO A TRAVÉS DUN NOVO MODELO DE AVALIACIÓN PSICOPEDAGÓXICA E ORIENTACIÓN • SUMAMOS TODAS E TODOS (EPRI, ESO E BACH) • PALABRAS QUE NOS UNEN; O PODER DAS PALABRAS (EPRI, ESO E BACH) • MIRADAS EMOCIONAIS PARA MELLORAR A APRENDIZAXE (EPRI, ESO) • AVALIACIÓN INCLUSIVA (EINF, EPRI, ESO) • TOD@S APRENDEMOS CON E DESDE A DIVERSIDADE. SUMAR Á TRANSFORMACIÓN (EPRI E ESO) • NO MEU COLE CABEMOS TODOS E TODAS (EPRI E ESO). • TEMPO DE CÍRCULO: PRÁCTICAS RESTAURATIVAS (TODAS AS ETAPAS) • PORTAFOLIO DE TALENTOS 3.4. LIÑA ESTRATÉXICA E4. ACCIÓNS PARA MELLORAR O PROCESO E-A DAS COMPETENCIAS ESENCIAIS CON DIFICULTADES DE APRENDIZAXE • SECUENCIAS DIDÁCTICAS ODS; DEIXAMOS PEGADA ODS (EPRI, ESO). • APRENDIZAXE COOPERATIVA NA AULA; ENSINAR A APRENDER EN EQUIPO (EPRI). • FALADOIROS (EPRI, ESO, BACH E FP). • PROCESOS DE AUTOAVALIACIÓN CO ALUMNADO (EPRI, ESO, BACH E FP) • GRUPOS INTERACTIVOS (A. P. DE ZONA EDUCATIVA APLICABLE EN EP E ESO). • DESEÑO DE MAQUETAS PARA EXPLICAR TECTÓNICA DE PLACAS, • BASEADO NA METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS (ESO E BACH) • STEAM E TIC • PROXECTOS CON NARRATIVA (INF, EPRI, ESO) • APLICANDO O ENFOQUE ESCOLAR INTEGRAL Á EDUCACIÓN PARA A SUSTENTABILIDADE E A CIDADANÍA MUNDIAL . • AS CLASES SON PURO TEATRO (PERFORMANCE NA AULA E TEATRO FÓRA DELA) • ALFABETIZACIÓN E CREACIÓN AUDIOVISUAL • ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA FRONTE AO CIBERACOSO . • LIÑA ESTRATÉXICA E5. ACCIÓNS E COMPROMISOS DE XESTIÓN DE CENTRO E PARA MELLORAR A ESTABILIDADE E CALIDADE DOS PROFESIONAIS.. • XESTIÓN DO CAMBIO (PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA). • REDES EDUCATIVAS. • MELLORA DA ACCESIBILIDADE COGNITIVA DO IES (EPRI, ESO).

Related document

x
Report download errors
Report content



Download file quality is faulty:
Full name:
Email:
Comment
If you encounter an error, problem, .. or have any questions during the download process, please leave a comment below. Thank you.