Content text CADRO PROTOCOLOS EXERCICIO RESPOSTAS 11.04.2024.pdf
Orientación Educativa PROTOCOLO TDAH Definición O TDAH é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, dos nenos e dos adolescentes afectados. A desatención obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade para manter a concentración nas tarefas, a falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización. A hiperactividade refírese ao exceso de mobilidade e á inquietude constante (nas persoas adolescentes e adultas afectadas por TDAH só permanece, habitualmente e de maneira interna, a inquietude). E a impulsividade ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como á dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo. Manifestacións nos distintos ámbitos nos que a persoa afectada se desenvolve (na familia, na escola, no traballo, cos iguais, nas actividades de lecer, etc.), aínda que adoitan variar e ser diferentes dependendo do contexto. Na actualidade, considérase que o trastorno pode amosarse en tres modalidades diferentes: • Presentación combinada. é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como os de impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o nivel evolutivo da persoa. • Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva. nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou hiperactividade, mentres que os síntomas de inatención teñen unha menor presenza. Esta presentación é máis frecuente nas nenas e nos nenos de menor idade. • Presentación predominantemente inatenta. nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de inatención. Manifestación Manifestacións relacionadas coa inatención • Non adoita prestarlles atención suficiente aos detalles ou incorre en erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades. Exemplo: pasa por alto detalles ou esquéceos, o seu traballo é impreciso.
Orientación Educativa • A miúdo ten dificultades para manter a atención en tarefas ou en actividades lúdicas. Exemplo: ten dificultade para manter a atención durante unha conferencia, despístase durante as conversacións ou nas lecturas longas. • Normalmente non escoita cando se lle fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar, mesmo en ausencia de elementos promotores de distracción. • Non acostuma a seguir as instrucións e non remata as tarefas escolares, encargos ou obrigas no ámbito do traballo escolar. Exemplo: comeza as tarefas, pero rapidamente perde a concentración e despístase facilmente. • A miúdo ten dificultades para organizar as tarefas e as actividades. Exemplo: ten dificultade para manexarse en tarefas con varios pasos, para manter os seus materiais e as súas pertenzas en orde, traballa de forma desorganizada, manexa mal o tempo, e presenta dificultade para cumprir os prazos. • Normalmente evita, desgústase ou resístese a dedicarse a tarefas que requiren un esforzo mental continuado. Exemplo: realizar as tarefas escolares ou domésticas, redactar traballos ou informes, cubrir formularios ou revisar textos extensos. • A miúdo extravía obxectos necesarios para as súas tarefas ou actividades. Exemplo: perde os seus materiais escolares -lapis, libros, ... • É habitual que se distraia por estímulos irrelevantes. As persoas adolescentes e adultas poden distraerse cos propios pensamentos. • Acostuma a ser descoidado nas actividades diarias. Exemplo: á hora de facer tarefas, de cumprir encargos, de devolver chamadas, de pagar facturas ou de cumprir coas súas citas. Manifestacións relacionadas coa hiperactividade-impulsividade. - Relacionadas coa hiperactividade: • A miúdo móvese, repica -cos dedos, mans e/ou cos pés- sobre unha superficie imita o son do tambor ou retórcese no asento. • Acostuma a érguese do asento en situacións nas que é impropio facelo. Exemplo: érguese do seu sitio na aula, na oficina, no posto de traballo ou noutras situacións que requiren permanecer no sitio. • Adoita correr ou saltar excesivamente en situacións nas que é impropio facelo. Nas persoas adolescentes ou adultas pode limitarse a sentimentos subxectivos de inquietude. • Normalmente ten dificultades para xogar ou para dedicarse a actividades de ocio tranquilamente.
Orientación Educativa • Acostuma a estar en movemento, sen acougo. Exemplo: é incapaz ou sente gran incomodidade para estar sen moverse durante un tempo longo, como en restaurantes, en reunións, ...; e mesmo pode dar a sensación de que sente desacougo e que lle custa estar como as demais persoas. • A miúdo fala en exceso. - Relacionadas coa impulsividade: • Acostuma a precipitar respostas antes de que rematen as preguntas. Exemplo: remata as frases dos demais, ou non pode esperar a súa quenda nunha conversa. • A miúdo ten dificultades para esperar a súa vez. Exemplo: ten dificultades para esperar nunha fila. • Acostuma a interromper as demais persoas. Exemplo: interrompe as conversas, os xogos ou as actividades, colle e emprega as cousas das demais persoas sen permiso, métese no que outras ou outros están a facer ou quítalles o seu posto. Manifestacións relacionadas co funcionamento escolar. O ámbito escolar é, seguramente, o lugar no que máis repercusión ten o TDAH. Aadoita amosar pouca produtividade no traballo escolar e obtén, co tempo e de forma persistente, malos resultados académicos, que ocasionan un crecente fracaso escolar. O profesorado pode apreciar como características máis salientables no funcionamento escolar do alumnado con TDAH as seguintes: • Precisan supervisión individual para comezaren as tarefas e para mantérense traballando nelas. Non as inician de xeito autónomo. • Precisan instrucións individuais, porque non escoitan as instrucións xerais dadas ao grupo. • Teñen un ritmo de traballo moi lento. Traballan de xeito lento e/ou con frecuentes interrupcións e non dan rematado a tempo. • Producen un traballo escolar de pouca calidade (desordenado, con moitos erros, etc.). • Teñen mal rendemento nos exames e nos controis, peor do esperable polo seu nivel de dominio da materia. • En xeral, o seu rendemento escolar está por debaixo do que poderían ter. Manifestacións relacionadas co funcionamento socioemocional • Teñen problemas para facer amizades na escola, e para conservalas. • Son rexeitados, ou ben ignorados, polos seus compañeiros e compañeiras. • Prestan pouca atención aos desexos e aos sentimentos das demais persoas.
Orientación Educativa • Frústranse facilmente. • Teñen dificultade para comprender as relacións sociais, e “meten a pata” frecuentemente. • Cambian de estado de ánimo con moita frecuencia, e desmoralízanse facilmente. • Cústalles respectar as regras dos xogos. • Testaneán e enfádanse con moita frecuencia. • Presentan unha baixa autoestima, inseguridade e dependencia excesiva das persoas adultas. • Presentan estados emocionais extremos e pouco axustados á realidade. • Responden moito mellor aos incentivos de carácter inmediato. • Teñen dificultades para calmarse e autocontrolarse, unha vez que se alteran por algo. • Acostuman a estaren implicados en problemas (discusións, pelexas) nos recreos, no comedor, no transporte. • Amosan desinterese e pouca motivación polo logro escolar. • Viven no presente e ignoran as consecuencias futuras. Intervención DO Orixe da sospeita: da familia, do profesorado titor, doutro profesorado, e tamén do propio orientador/a ante a presenza de dificultades na súa marcha escolar. Necesaria a intervención dos servizos de orientación: Solicitude escrita o modelo PXAD. A avaliación psicopedagóxica: desenvolverase segundo se establece na normativa que a regula. 1o informar á familia do seu resultado. 2o farase fincapé nas necesidades dos distintos ámbitos e na importancia da coordinación cos servizos sanitarios e/ou sociais, se fose necesaria. 3o informarase tamén sobre as características do trastorno e sobre o tratamento psicoeducativo que se propón. En todo caso, cando existan fundadas sospeitas de que un alumno ou unha alumna presenta TDAH, esta avaliación debe obter información obxectiva, entre outras cousas, sobre: • O grao de presenza de síntomas característicos do trastorno apreciados pola familia, de acordo cos criterios diagnósticos para o TDAH.