Content text TEMA 3_DEFINITIVO.pdf
Xeografía e Historia Páxina 2 Co obxectivo de dar unha visión ordenada dos distintos medios xeográficos da Terra e dos factores que os configuran, organizaremos a nosa exposición en catro apartados. No primeiro veremos o medio natural das zonas intertropicais; no segundo, o das áreas temperadas; no terceiro, o das frías, e no cuarto, estudaremos os biomas azonais. 1. O medio natural nas zonas intertropicais Tropical húmido As zonas intertropicais son as da franxa latitudinal situada entre os trópicos de Cáncer e Capricornio, é dicir, entre os 23o26’N e S respectivamente, caracterizada por recibir unha alta radiación solar debido á esfericidade da Terra. Nela, o medio natural máis frecuente é o tropical húmido, que na área máis próxima ao Ecuador conta cun clima ecuatorial con precipitacións elevadas (>1500mm anuais) repartidas uniformemente, temperatura regular e oscilación térmica pouco significativa (<5oC). Segundo nos afastamos do Ecuador, xa na zona subecuatorial, comeza a aparecer unha estación seca, que se fai máis acusada a maior latitude, configurando o clima tropical e, nas áreas onde se da un acusado contraste entre a estación chuviosa e seca como consecuencia dos ventos, o clima é monzónico. A flora é de gran riqueza e variedade; e a fauna, tamén variada e abundante, distribuída por estratos: insectos, paxaros e simios no nivel superior; e no inferior, xaguares, simios e serpes. Nas augas hai crocodilos, batracios e tartarugas. Abundan os microorganismos. Como consecuencia das diferenzas climáticas, aparecen tres tipos de bosque: ombrófilo (selva ecuatorial) sempre verde, de plantas higrófilas, gran densidade e variedade, nas zonas moi húmidas da conca do río Congo en África e algúns sectores da Amazonia en América do Sur; mesófilo nas zonas con estación seca (zona subecuatorial máis periférica do Golfo de Guinea e América Central) adaptado á alternancia; e o bosque tropófilo, seco denso, nas zonas cunha estación seca longa, que son maioritariamente as monzónicas de India e Indochina en Asia. Nos estuarios, baías, ensenadas e lagoas costeiras desenvólvese un bioma de manglar, un hábitat pantanoso de transición entre o medio terrestre e acuático na desembocadura dos cursos de auga dominados por árbores leñosos chamados mangles que colonizan terreos anegados e teñen unha gran resistencia á salinidade da auga mediante raíces áreas ou grazas ao filtrado polas células das raíces. Os ríos son caudalosos e regulares. O almacenamento da auga na capa freática do chan como reserva para o período seco altera o substrato formando unha capa de laterita (con elevada cantidade de ferro e alúmina) de ata 50-100m que cubre a rocha nai, polo que o relevo das zonas intertropicais está, en xeral, configurado por formas suaves relacionadas coa existencia desta capa que xurde en formas redondeadas formando pans de azucre. Pola mesma razón, os solos non son moi ricos polo exceso lixiviado debido á humidade, á permeabilidade da laterita e á actividade dos microorganismos que mineralizan a follaxe sen humidificala. Trátase de solos ferralíticos de perfil A/B/C, cunha capa insignificante de humus, un horizonte A de area lixiviada, un horizonte B de grosor dun metro con arxila e un horizonte C de roca nai, xeralmente laterita, de fertilidade moi baixa ou nula.
Xeografía e Historia Páxina 3 A escasa ou case nula produtividade destes solos fai que estas terras non sexan aptas para a agricultura, pero a presión antrópica pode ser excesiva polas roturacións itinerantes con incendios que degradan a vexetación. Sabana O medio natural de sabana ten un clima tropical cunha longa estación seca, que é a fría. Na estación húmida as precipitacións son importantes, de entre 500-1500mm. As son temperaturas altas e regulares durante todo o ano (>20oC). A súa orixe pode estar relacionada con factores edáficos (denominándose entón sabana primaria) ou antrópicos (sabana secundaria), como consecuencia da acción humana na destrución do bosque tropical mediante roturacións e incendios, favorecendo a desaparición do sistema de selva e resultando na seca, transpiración e formación de costras en superficie. A biocenose inclúe unha flora de plantas herbáceas e algunhas árbores illadas, xeralmente leguminosas como a acacia e palmeiras, árbores de troncos grosos que almacenan auga como o baobab e raíces moi profundas; e unha fauna de insectos, roedores, grandes herbívoros como antílopes, búfalos, xirafas, rinocerontes, elefantes, cabras e gacelas; así como felinos carnívoros (leóns, leopardos, tigres) e carroñeiros (hienas, voitres). Os solos son ferruxinosos nas zonas máis secas e ferralíticos nas húmidas. En canto aos ríos, debido á alternancia de precipitacións, teñen un caudal moi variable. Na estación seca non levan auga pero na época de choivas experimentan grandes crecidas que poden causar inundacións. Son bos exemplos o Zambeze en África e o Paraná-Paraguai en América do Sur. A sabana pode ser herbácea ou espida (sen árbores nin arbustos, con abundancia de gramíneas altas (ata 3m)), arbustiva (con herba e arbustos), arbórea (con algunhas árbores medianas), de bosques pequenos (con árbores como a acacia agrupados en pequenas cantidades) ou forestal (cunha gran densidade de árbores, como nun bosque claro). Sitúase en África central, oriental e meridional, América do sur e norte de Australia. Desertos Os desertos: o medio desértico instálase nas rexións, xa sexan de clima cálido ou frío, cuxas precipitacións medias anuais son inferiores aos 250mm e están repartidas moi irregularmente. Ademais, contan cunha gran amplitude térmica. As formacións vexetais son escasas e dispersas e de tipo xeromorfo, é dicir, adaptadas á seca, unhas con raíces moi desenvolvidas e talos que almacenan auga; outras con follas coriáceas e espiñentas configurándose en plantas suculentas como os cactus, con flores moi vistosas. A fauna componse de diversas especies de animais adaptadas á hostilidade deste medio. A miúdo presentan vida nocturna, cando as temperaturas descenden e a humidade é maior. Moitos cobíxanse baixo terra, como os escorpións ou os reptís. Camelos, zorros do deserto, coiotes, aves e insectos viven neste entorno. O desenvolvemento de solos é moi limitado, pola ausencia de vexetación e microorganismos. Son todos areosos e litosoles. A evaporación e a salinidade das augas polo endorreísmo favorecen a formación de costras carbonatadas ou salinas na superficie. Nas marxes do deserto, o maior grao de humidade produce solos pardos de estepa con costra caliza enterrada. Hai solos fértiles nos oasis, onde a auga doce é abundante.
Xeografía e Historia Páxina 4 Os cursos dos ríos teñen un réxime descontinuo e nos desertos máis puros poden dar lugar a un arreísmo (ausencia de desaugue) mentres que nas zonas menos marcadas pola aridez adoita darse un endorreísmo (ausencia de desaugue cara o mar). 2. O medio nas zonas temperadas Mediterráneo O medio mediterráneo esténdese nunha latitude entre 30o e 40o polas rexións do mar Mediterráneo e as rexións subtropicais na fachada occidental dos continentes: California, Chile central, o Cabo no extremo sur de África e o suroeste de Australia. O clima mediterráneo destaca pola coincidencia da estación máis seca coa cálida debido ao ascenso das altas presións subtropicais, o que provoca unha acusada seca estival As temperaturas son suaves e as precipitacións, de 400- 600mm. Isto deu lugar a un bosque de folla perenne e esclerófilo, coa encina e o alcornoque como especies predominantes, en solos calcáreos e silíceos respectivamente. Nos solos areosos abunda o piñeiro piñoneiro. Tamén hai lentiscos, enebros e acebuches. A flora é orofita (ao ser moi especializada é propia en exclusiva do medio, é dicir, un endemismo) e adáptase á seca estival: raíces profundas e longas para buscar a auga subterránea, follas duras (cutícula para evitar a perda de auga pola calor) e pequenas, follas convertidas en espiñas, talo leñoso, aceites protectores do xeo e da evaporación. A fauna é variada pero moi esquilmada: insectos, artrópodos, paxaros, réptiles, raposos, linces, osos, mamíferos gregarios. Hai unha forte degradación do bosque climático pola antropización e a deforestación, dando lugar a formacións arbustivas como a maquia (sobre rocha silícea) e a garriga (calcárea), así como matas de tomiño, espliego e xaras. A evolución xeomorfolóxica do Cuaternario xerou unha paisaxe moi variada con herdanzas glaciares e torrenciais. A dinámica actual, con choivas torrenciais no outono (gota fría) e xeadas invernais continúa a modificar a paisaxe. Ademais, coincide en moitos casos con áreas dunha certa inestabilidade tectónica por mor dos pregamentos alpinos, con frecuentes terremotos, como en California, ou erupcións volcánicas. A rede de drenaxe presenta cambios bruscos de caudal con máximo en outono-inverno e mínimo (estiaxe) no verán. Este contraste modérase nas rexións kársticas a través da regulación con caudais subterráneos (como sucede, por exemplo, no Pico Frentes da Cordilleira Ibérica) e nas montañosas, onde aparecen réximes nivais, como nos Pireneos.